As películas ‘Nación’ e ‘Olvido e León’, ambas participadas pola TVG, chegan aos cines este venres

Cineuropa | “Films are evidence of the passing of time”
26 de marzo de 2021
GaliciaPress | ‘Olvido y León’, de Xavier Bermúdez, se estrena…
26 de marzo de 2021

O filme de Xavier Bermúdez, continuación da premiada ‘León e Olvido’

Santiago, 24.03.2021.- Este venres chegan ás salas de cinema dúas novas películas participadas pola Televisión de Galicia‘Nación’, de Margarita Ledo, unha homenaxe a todas as mulleres que converteron a fábrica nun referente para a reivindicación dos seus dereitos, e ‘Olvido e León’, filme de Xavier Bermúdez, que supón a continuación da trama da galardoada ‘León e Olvido’ e presenta a historia de dous irmáns xemelgos e orfos, un deles con síndrome de Down.

‘Nación’, a última longametraxe da xornalista, cineasta e escritora Margarita Ledo, preestreada onte nos Cantones Cine da Coruña, nun acto ao que asistiu a xefa de RSC e Asesoramento Lingüístico da CRTVG, Marta Fernández, aterra nos cines de toda España este 26 de marzo. Tras ‘A cicatriz branca’ (2012), a directora volve ofrecer neste documental de creación, unha pescuda inspiradora sobre as mulleres galegas na segunda metade do século XX, cando durante os anos 60 e 70, traballar na fábrica de louza Pontesa foi para elas sinónimo de liberdade, independencia económica e militancia. O retrato destas mulleres traballadoras ten como protagonistas as actrices Mónica Camaño Nieves Lusquiños, ás que acompañan Mónica de Nut ou Xoana Pintos.

A longametraxe posiciónase no cinema de non ficción e constrúe un relato coral mediante a testemuña das extraballadoras da Pontesa, a interpretación das actrices e o pouso da herdanza cultural. Vinte anos despois do peche da fábrica, á espera da sentenza sobre a reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.

Pola súa parte, a película ‘Olvido e León’, dirixida polo cineasta ourensán Xavier Bermúdez e tamén participada pola Televisión de Galicia, chega aos cines meses despois de ser a encargada de levantar o pano da 25ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). Nos seus papeis principais, Marta Larralde e o ourensán Guillem Jiménez, primeiro protagonista con síndrome de Down nunha película española, que faleceu hai unhas semanas, representan a historia de dous irmáns xemelgos e orfos, un deles con síndrome de Down, unidos e enfrontados por sentimentos moi intensos.

 

Consulta el artículo completo en  CRTVG

 

Fuente:  CRTVG